Throbbing Gristle

Throbbing Gristle
OrixeKingston upon Hull, Inglaterra Inglaterra
Período1975 – 1981
2004 – 2010
Xénero(s)industrial, avant-garde, electrónica, experimental, performance, música noise, noise rock
Selo(s) discográfico(s)Industrial Records, Mute Records
MembrosPeter Christopherson
Cosey Fanni Tutti
Chris Carter
Genesis P-Orridge
Artistas relacionadosPsychic TV, Coil, Carter Tutti, Soisong, Monte Cazazza
Na rede
http://www.throbbing-gristle.com/
Twitter: ThrobbingGrstle MySpace: throbbinggristle Bandcamp: throbbinggristle Spotify: 1UYhxPY1oqFUg1HfF8nV3k iTunes: 15113311 Last fm: Throbbing+Gristle Musicbrainz: e135d690-9c53-4333-8f11-98aec8c9f434 Songkick: 457870 Discogs: 12589 Allmusic: mn0000926604 Deezer: 4278 Genius: Throbbing-gristle Editar o valor em Wikidata

Throbbing Gristle foi unha banda inglesa de música industrial de vangarda e un grupo de arte visual que evolucionou dende o grupo de performance COUM Transmissions. A banda estivo formada por Genesis P-Orridge (baixo, violín, voces, vibráfono), Cosey Fanni Tutti (guitarra, corneta, voces), Peter "Sleazy" Christopherson (cintas, trompa, piano, vibráfono, sintetizador) e Chris Carter (sintetizador, cintas, electrónica).

Fundada en 1975, a banda é considerada unha das creadoras, xunto coa súa contemporánea Cabaret Voltaire, da música industrial. Throbbing Gristle separouse no ano 1981, pero os seus membros pasaron a participar en numerosos proxectos distintos. Reformaríase en 2004 e volvería a desfacerse en 2010 tras a morte de Peter Christopherson.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy